Debido á gran cantidade de sistemas operativos que existen na actualidade e a velocidade á que evolucionan, a vía máis óptima para comprobar os requisitos de sistema operativo é mediante a ligazón "Comproba se o teu equipo cumpre cos requisitos mínimos para realizar o trámite" asociado a cada trámite.

Para poder asinar e enviar a solicitude, o seu navegador ten que ter activado Javascript.

Dependendo do navegador utilizado, a forma de activar Javascript pode variar. Consulte a axuda do seu navegador se ten algunha dúbida.

A xeito de exemplo:

Para activar Javascript no navegador Mozilla Firefox

  • Na barra de menú, premer en Ferramentas e logo Opcións.... Se ten desactivada a barra de menú, prema no separador Firefox e seleccione Opcións e logo Opcións
  • Seleccionar o separador Contido
  • Activar a casa Activar JavaScript
  • Premer en Aceptar

Cómo activar JavaScript en el navegador Firefox

Para activar Javascript no navegador Internet Explorer

  • Na barra de menú, premer Ferramentas e logo Opcións de Internet
  • Seleccionar o separador Seguridade
  • Premer no botón Nivel personalizado...
  • Desprazarse ata as opcións de Automatización
  • Activar a casa Habilitar dentro de Active scripting
  • Premer en Aceptar

Como activar JavaScript no navegador Explorer

Para activar Javascript no navegador Google Chrome

  • Na barra de menú, premer na icona da chave inglesa
  • Seleccionar a opción Configuración
  • Na parte inferior, seleccionar Mostrar opcións avanzadas...
  • Dentro da sección Privacidade, seleccionar Configuración de contido
  • Dentro da sección JavaScript, activar a casa Permitir que todos os sitios executen JavaScript (recomendado)
  • Premer en Aceptar

Cómo activar JavaScript en el navegador Chrome

2. Ter o bloqueo de ventás emerxentes desactivado

Para poder visualizar os documentos asociados a este trámite (recibo de presentación e o propio certificado solicitado), o navegador debe ter desactivado o bloqueo de ventás emerxentes.

Consulte a axuda do seu navegador se ten algunha dúbida.

A xeito de exemplo:

Para quitar o bloqueo no navegador Mozilla Firefox 3.6

  • Na barra de menú, premer en Ferramentas e logo Opcións...
  • Seleccionar o separador Contidos
  • Desactivar a casa Bloquear ventás emerxentes
  • Premer en Aceptar

Non bloquear ventás emerxentes con navegador Firefox

Para quitar o bloqueo no navegador Internet Explorer 8

  • Na barra de menú, premer en Ferramentas e logo Opcións de Internet
  • Seleccionar o separador Privacidade
  • Desactivar a casa Activar o bloqueador de elementos emerxentes
  • Premer en Aceptar

Como activar JavaScript no navegador Explorer

Se, adicionalmente, se dispón no navegador dunha Barra de Ferramentas de Google, Yahoo ou outro servizo similar, hai que comprobar que esta barra de ferramentas tampouco bloquea as ventás emerxentes.

A xeito de exemplo:

Non bloquear ventás emerxentes con barra de ferramentas

3. Non usar o protocolo de transporte seguro TLS 1.1 nin TLS 1.2

Actualmente, os nosos trámites non están preparados para funcionar cos protocolos de transporte seguro TLS 1.1/1.2.

Se está a usar Internet Explorer nas súas últimas versións, deberá desactivar estes protocolos. Para iso, siga estas instrucións:

  • Na barra de menú, premer Ferramentas e logo Opcións de Internet
  • Seleccionar o separador Opcións avanzadas
  • Desprazarse ata as opcións de Seguridade
  • Desactivar as casas Usar TLS 1.1 e Usar TLS 1.2
  • Premer en Aceptar

Cando teña algún problema que non poida solucionar seguindo as indicacións anteriores, visite a páxina de Contacto e, a través dalgunha das canles alí sinaladas, facilite a seguinte información:

  • Datos persoais para o seguimento da súa solicitude. Nome, apelidos e DNI.
  • Datos do momento do fallo. Data e hora da solicitude.
  • Tipo de certificado de usuario que está a utilizar (por exemplo, DNI electrónico ou CERES da Fábrica Nacional de Moeda e timbre) e a súa data de caducidade.
  • Tipo de soporte do certificado de usuario (instalado no navegador, en tarxeta criptográfica, en memoria externa, tipo USB...)
  • Tipo de navegador e versión que está a utilizar. Por exemplo, Internet Explorer (versión 6, 7, 8...) ou Mozilla Firefox (versión 3.5, 3.6...)
  • Tipo de sistema operativo e versión que está a utilizar. Por exemplo, Windows (XP, Vista, 7...) ou Linux (Ubuntu, Guadalinex...).
  • Versión da Máquina Virtual Java que ten instalada no seu equipo (1.5.0.22, 1.6.0.24…).
  • Resultados obtidos co enlace Comproba se o teu equipo cumpre os requisitos necesarios para realizar o trámite

Se o trámite implica o pagamento dunha taxa:

  • Tipo de pagamento realizado(Cargo en conta ou Pagamento con tarxeta).
  • Entidade bancariasobre a que se realiza o cargo ou entidade emisora da tarxeta.
  • Código de erromostrado en pantalla, se é o caso

Comprobe previamente que o seu navegador ten:

  • Bloqueo de ventás emerxente deshabilitado. Necesario para a descarga do recibo da solicitude e o propio certificado (máis información).
  • JavaScript activado. Necesario para poder realizar a solicitude (máis información).