Menú principal

 

 

Aviso Legal

Titularidade e réxime de responsabilidade da Sede Electrónica do Ministerio de Xustiza.​

O artigo 3. 2 do Real Decreto 1671/2009, do 6 de novembro, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, determina que a Orde de creación da Sede deberá identificar o seu titular, así coma o órgano ou órganos encargados da xestión e dos servizos postos ao dispor dos cidadáns na mesma.

En cumprimento de dito precepto o artigo 4 a) da Orde JUS/458/2010, do 25 de febreiro, pola que se crea a Sede Electrónica do ministerio de Xustiza establece que a titularidade da Sede Electrónica do Ministerio de Xustiza (https://sede.mjusticia.gob.es) corresponde á Subsecretaría do Departamento.

En canto ao réxime de responsabilidade da Sede, o devandito artigo recolle:

  1. A xestión tecnolóxica da sede será competencia da División de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións.
  2. Serán responsables da xestión, dos contidos e dos servizos postos ao dispor dos cidadáns na sede electrónica os titulares dos centros directivos do Departamento, e no seu caso dos Organismos que se incorporen á Sede. A responsabilidade corresponderase coas competencias que cada un dos titulares teña atribuídas pola lexislación vixente.
  3. A xestión dos contidos comúns da sede e a coordinación cos centros directivos do Departamento e dos Organismos incorporados, no seu caso, á sede corresponderá á Subsecretaría do Departamento.

De acordo co art. 10.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos, “o establecemento dunha sede electrónica implica a responsabilidade do titular respecto da integridade, veracidade e actualización da información e os servizos aos que se poida acceder a través da mesma".

O artigo 7.1 do Real Decreto, polo que se desenvolve parcialmente a devandita, Lei engade que “O titular da sede electrónica que conteña un enlace ou ligazón a outra cuxa responsabilidade corresponda a distinto órgano ou Administración Pública non será responsable da integridade, veracidade nin actualización da última. A sede establecerá os medios necesarios para que o cidadán coñeza se a información ou servizo ao que accede corresponde á propia sede ou a un punto de acceso que non ten o carácter de sede ou a un terceiro".

Neste senso, na sede Electrónica indícase a través de mensaxes sobre as ligazóns se accedendo a elas se abandona a sede ou polo contrario se permanece nela.

Condicións xerais de uso da Sede Electrónica do Ministerio de Xustiza

O Ministerio de Xustiza informa de que o acceso e o uso da Sede Electrónica (https://sede.mjusticia.gob.es) e todos os subdominios e directorios incluídos baixo a mesma (en adiante, conxuntamente denominados a Sede Electrónica), así coma os servizos ou contidos que se poidan obter a través dela, están suxeitos aos termos que se detallan neste Aviso Legal, sen prexuízo de que o acceso a algún dos servizos ou contidos puidese precisar da aceptación dunhas Condicións Xerais adicionais.

Por iso, se as consideracións detalladas neste Aviso Legal non son da súa conformidade, pregámoslle non faga uso da Sede Electrónica, dado que calquera uso que faga da mesma ou dos servizos e contidos incluídos nela implicará a aceptación dos termos legais recollidos neste texto.

O Ministerio de Xustiza resérvase o dereito a realizar cambios na Sede sen previo aviso, co obxecto de actualizar, corrixir, modificar, engadir ou eliminar os contidos da Sede ou do seu deseño.

Os contidos e servizos ofrecidos pola Sede actualízanse periodicamente. Debido a que a actualización da información non é inmediata, suxerímoslle que comprobe sempre a vixencia e exactitude da información, servizos e contidos recollidos na Sede.

As condicións e termos que se recollen no presente Aviso poden variar, polo que o convidamos a que revise estes termos cando visite a Sede de novo.

Frames

O Ministerio de Xustiza prohibe expresamente a realización de “framings" ou a utilización por parte de terceiros de calquera outros mecanismos que alteren o deseño, configuración orixinal ou contidos do seu Portal.

Propiedade intelectual e industrial

Tanto o deseño desta Sede e os seus códigos fonte, coma os logos, marcas e demais signos distintivos que aparecen na mesma, pertencen ao Ministerio de Xustiza e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial.

O seu uso, reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade similar ou análoga queda totalmente prohibida salvo que medie expresa autorización do Ministerio de Xustiza.

A licenza de uso de calquera contido desta Sede, outorgada ao usuario, limítase á descarga do devandito contido e ao uso privado do mesmo, sempre que os citados contidos permanezan íntegros e se cite a fonte dos mesmos (Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre a reutilización da información do sector público).

Consulte a información reutilizable posta a disposición polo Ministerio de Xustiza e as condicións de reutilización na sección de datos abertos desta sede electrónica.

Política de Certificados Electrónicos. Requisito

Para poder acceder aos trámites do Ministerio de Xustiza a través de certificado electrónico, deberá acreditar a súa identidade e asinar electronicamente os escritos presentados.

Para estes fins, admitiranse os certificados dixitais soportados pola Plataforma @firma, isto é, os emitidos polos fornecedores de servizos recoñecidos que pode consultar na páxina do Consello Superior de Administración Electrónica do Ministerio da Presidencia.

Uso de linguas cooficiais na Sede Electrónica

A Disposición adicional sexta da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos, no seu primeiro apartado determina que se garantirá o uso das linguas oficiais do Estado nas relacións por medios electrónicos dos cidadáns coas Administración Públicas, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administración Públicas e do Procedemento Administrativo Común, na normativa que en cada caso resulte de aplicación.

A estes efectos, as sedes electrónicas cuxo titular teña competencia sobre os territorios con réxime de cooficialidade lingüística posibilitarán o acceso aos seus contidos e servizos nas linguas correspondentes.

Os sistemas e aplicacións utilizados na xestión electrónica dos procedementos adaptaranse ao disposto en canto ao uso de linguas cooficiais no artigo 36 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e o Procedemento administrativo Común.

A utilización das linguas cooficiais en calquera lugar desta sede non prexulga a súa admisibilidade en todos os procedementos integrados na mesma, que se resolverán en cada caso mediante a aplicación da normativa procedimental mencionada con anterioridade.

Dereito aplicable e xurisdición competente

A lei aplicable en caso de disputa ou conflito de interpretación dos termos que conforman este Aviso Legal, así coma calquera cuestión relacionada cos servizos da presente Sede, será a lei española.

Para a resolución de calquera conflito que poida xurdir con motivo da visita á Sede ou do uso dos servizos que nela se poidan ofertar, o Ministerio de Xustiza e o Usuario acordan someterse aos Xuíces e Tribunais do domicilio do Usuario, sempre que o mesmo estea situado en territorio español.​​