Menú principal

    Skip Navigation Links
  • Galego
    • Política de privacidad

Política de privacidade

​​Quen trata os seus datos persoais?

As actividades de tratamento de datos persoais corresponden a diferentes Responsables de Tratamento, segundo o trámite ou solicitude que se realice. O Rexistro de Actividades de Tratamento (RAT), publicado en Informacion_V2_bis_firmado.pdf​ (mjusticia.gob.es), identifica os responsables de todos os tratamentos rexistrados no Ministerio.

Cal é a finalidade do tratamento?

​As distintas finalidades e as súas lexitimacións pódense consultar no acceso a cada un dos servizos e​/ou procedementos que ofrece o Ministerioe e, en xeral, no RAT publicado en  Informacion_V2_bis_firmado.pdf​ (mjusticia.gob.es)

Pode atopar a información detallada ou unha ligazón para acceder a ela sobre cada tratamento no acceso ao trámite ou nos formularios correspondentes.

Non se crearán perfís nin se tomarán decisións automatizadas en función destes datos persoais.

Que datos persoais se tratan?

Os datos persoais recollidos serán diferentes en función do trámite que realice.

Cal é a base xurídica que lexitima o tratamento dos datos?

A base xurídica que lexitima o tratamento dos datos será diferente en función do trámite ou solicitude que realice o cidadán.

Ao acceder ao trámite e/ou nos formularios indicarase a base xurídica específica para o tratamento de que se trate.

En xeral, os tratamentos están lexitimados como se indica a seguir:

  • o tratamento é necesario para cumprir unha obriga legal (art. 6.1.c RXPD)

  • o tratamento é necesario para cumprir unha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos (art. 6.1.e RXPD)

Excepcionalmente, algúns tratamentos poderán estar baseados no consentimento do interesado.

Canto tempo conservaremos os datos?

Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que foron recollidos e para determinar as posibles responsabilidades que se poidan derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos. Será de aplicación o disposto na normativa de arquivos e documentación.

A que destinatarios se lles comunicarán os datos?

Cando a tramitación do seu procedemento e/ou solicitude inclúa obrigas legais derivadas da lexitimidade do tratamento que requiran a cesión ou transferencia a terceiros, os terceiros destinatarios dos devanditos datos e as finalidades das súas actividades de tratamento indicaranse en Informacion_V2_bis_firmado.pdf​ (mjusticia.gob.es)

Non está prevista ningunha transferencia internacional dos seus datos persoais.

Cales son os dereitos en relación cos seus datos persoais?

Con carácter xeral, para exercer os seus dereitos, deberá enviar un correo electrónico a dgtdaj.protecciondedatos@mju.es copia do seu documento de identidade ou documento equivalente para a súa correcta identificación. 

Na seguinte táboa atopará os dereitos que pode exercer e no que consisten.

​​​Dereito de acceso

​Este dereito permítelle estar informado do seguinte:

  • As finalidades do tratamento, categorías de datos persoais que se tratan e as posibles comunicacións de datos e os seus destinatarios.

  • Se é posible, o prazo de conservación dos seus datos. Se non o é, os criterios para determinar este prazo.

  • Do dereito a solicitar a rectificación ou supresión dos datos, a limitación do tratamento ou a se opoñer a el.

  • Do dereito a presentar unha reclamación ante a Autoridade de Control.

  • Se se produce unha transferencia internacional de datos, a recibir información sobre as garantías adecuadas.

  • Da existencia de decisións automatizadas (incluídos perfís), a lóxica aplicada e as consecuencias deste tratamento.

​Dereito de rectificación

​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​O dereito de rectificación permítelle non só rectificar os datos inexactos, senón tamén completar os datos persoais incompletos, mesmo mediante unha declaración adicional.

​​Dereito de oposición

Este dereito permítelle opoñerse a que o responsable realice un tratamento dos datos persoais nos seguintes supostos: 

  • ​​​Cando sexan obxecto de tratamento baseado nunha misión de interese público ou interese lexítimo, incluída a elaboración de perfiles:
    O responsable deixará de tratar os datos agás que acredite motivos imperiosos que prevalecen sobre os intereses, dereitos e liberdades do interesado, ou para a formulación, exercicio ou defensa de reclamacións. 

  • ​Cando o tratamento sexa con fins de mercadotecnia directa:
    Unha vez exercido este dereito para tal fin, os datos persoais deixarán de ser tratados para os devanditos fins.  

​​Dereito de supresión

​​Con este dereito, poderá solicitar a supresión dos datos persoais sen delonga cando se dea algún dos supostos contemplados:

  • Se os seus datos persoais xa non son necesarios en relación cos fins para os que foron recollidos ou tratados doutro xeito.

  • Se os seus datos persoais deben ser suprimidos para cumprir unha obriga legal establecida no Dereito da Unión ou dos Estados membros que sexa de aplicación ao Ministerio de Xustiza.

Así e todo, este dereito non é ilimitado, de tal xeito que pode resultar factible non proceder á supresión cando o tratamento sexa necesario para cumprir unha obriga legal, para cumprir unha misión realizada en interese público ou para cumprir unha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos atribuídos ao Ministerio de Xustiza, por razóns de interese público, con fins arquivísticos de interese público ou estatísticos, ou para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.

Dereito á limitación do tratamento

​​Este dereito consiste en obter a limitación do tratamento dos seus datos realizado polo Ministerio de Xustiza cando impugne a exactitude dos seus datos persoais durante o prazo permitido ao Ministerio de Xustiza a súa verificación.

Asemade, este dereito permítelle solicitar ao Ministerio de Xustiza a conservación dos seus datos, aínda que xa non os necesite para os efectos do tratamento, pero os necesite para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.

​Dereito á portabilidade

Informámolo de que este dereito non se aplica cando o tratamento sexa necesario para cumprir unha obriga legal.

​​Dereito a reclamar perante a Autoridade de Control

​Pode presentar unha reclamación perante a Axencia Española de Protección de Datos:
https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/vistas/formNuevaReclamacion/nuevaReclamacion.jsf?QID=Q500&ce=0​​

Informarase naqueles procedementos que teñan regulación especial dos dereitos relacionados coa protección de datos de carácter persoal.​