Menú principal

 

 

Accesibilidade

27/07/2022

​​​​Declaración de accesibilidade

Introdución:​

O Ministerio de Xustiza comprometeuse a facer accesible a súa páxina web de acordo co  Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro, de accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público, polo que se traspón a Directiva (UE) 2016/2102 do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de outubro de 2016.

 Esta declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web, excluíndo os contidos incrustados doutros dominios.

Situación de cumprimento:

Este sitio web cumpre parcialmente o Real Decreto 1112/2018 debido á falta de conformidade dos aspectos que se indican a seguir.

Contido non accesible:

 Non se pode acceder ao contido que se recolle a seguir polos seguintes motivos:

1.       Falta de conformidade co Real decreto 1112/2018:

1.       Nalgúns formularios, o campo de entrada que recolle información sobre o usuario non ten unha finalidade identificada [Requisito número 9.1.3.5 da UNE-EN 301549:2021-03 Identificación da finalidade da entrada].

2.       Nalgunhas páxinas utilizouse a cor como único medio visual para transmitir información, indicar unha acción, provocar unha resposta ou distinguir un elemento visual [Requisito número 9.1.4.1 da norma UNE-EN 301549:2021-03 Uso da cor].

3.       Nalgunhas Páxinas, a relación de contraste en texto ou imaxes pode non ser como mínimo de 4,5:1 [requisito número 9.1.4.3 da UNE-EN 301549:2021-03 Contraste mínimo]

4.       Nalgunhas páxinas, algúns elementos non teñen o foco do teclado [requisito número 9.2.1.1 da norma UNE-EN 301549:2021-03 Teclado]

5.       En ocasións, algunha páxina pode non ter identificado o título da páxina [requisito número 9.2.4.2 da norma UNE-EN 301549:2021-03 Títulado de páxinas]

6.       Nalgunhas páxinas, os compoñentes da interface de usuario como elementos de formulario, ligazóns e compoñentes xerados por script non seguen a estrutura recomendada polas pautas de accesibilidade [requisito número 9.4.1.2 da norma UNE-EN 301549:2021-03 Nome, función, valor]

7.       Nalgunhas páxinas, as mensaxes de estado poden non estar determinadas pola programación a través de funcións ou propiedades [requisito número 9.4.1.3 da norma UNE-EN 301549:2021-03 Mensaxes de estado].

8.       En ocasións, nalgún formulario podería producirse un cambio automático de contexto sen avisar ao usuario. [requisito número 9.3.3.2 da norma UNE-EN 301549:2021-03 Etiquetas e instrucións]

9.       En ocasións, pode producirse un erro de entrada nalgún campo/formulario para o que non se lle comunica ao usuario a suxestión para solucionalo [requisito número 9.3.3.3 da norma UNE-EN 301549:2021-03 Suxestión ante erros]

10.   Nalgunhas páxinas, pode haber atributos e ID duplicados [requisito número 9.4.1.1 da norma UNE-EN 301549:2021-03 Procesamento]

11.   Algunhas imaxes non están etiquetadas ou teñen unha alternativa textual xenérica [requisito número 10.1.1.1 da norma UNE-EN 301549:2021-03 Contido non textual].

12.   Nalgúns documentos, o contido pode perder funcionalidade ou información ao ampliar o contido [requisito número 10.1.4.10 da norma UNE-EN 301549:2021-03 Reaxuste do texto].

13.   Nalgún documento, a información, estrutura e relacións non están determinadas por software ou non teñen alternativa como texto [requisito número 10.1.3.1 da UNE-EN 301549:2019 de información e relacións].

14.   Algún documento non ten polo menos unha secuencia de lectura correcta definida por programa e nalgún documento os compoñentes da interface de usuario como os elementos do formulario, as ligazóns e os compoñentes xerados por script non seguen a estrutura recomendada polas pautas de accesibilidade [requisitos número 10.1.3.2 e 10.4.1.2 da norma UNE-EN 301549:2021-03 Secuencia significativa e Nome, función, valor].

15.   En ocasións, algúns documentos poden non ter identificado o título da páxina [requisito número 10.2.4.2 da norma UNE-EN 301549:2021-03 Títulado de páxinas].

16.   Nalgunhas páxinas non se indica a linguaxe por defecto empregado [requisito número 10.3.1.1 da norma UNE-EN 301549:2021-03 Linguaxe da páxina].

17.   Nalgúns documentos, a navegación secuencial mediante o teclado pode non ter unha orde coherente [requisito número 10.2.4.3 da orde UNE-EN 301549:2021-03 Orde do foco].

2.       Carga desproporcionada:

1.       ​Non se aplica.

3.       O contido non entra no ámbito da lexislación aplicable:

1.       Pode haber ficheiros ofimáticos en PDF e outros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran os requisitos de accesibilidade na súa totalidade. Porén, procurouse que a maioría deles sí o cumpran.

2.       Pode haber contidos de terceiros que non estean desenvolvidos polo Ministerio de Xustiza ou non estean baixo o seu control, por exemplo, arquivos ofimáticos.

3.       Pode haber ficheiros pregravados publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran os requisitos de accesibilidade na súa totalidade.

 

Preparación da presente declaración de accesibilidade:

Esta declaración foi preparada o día 27/07/2022.

O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo por unha empresa externa especializada sobre unha mostra de páxinas realizada de acordo coa Decisión de execución (UE) 2018/1524 e o correspondente informe de resultados o día 27/07/2022.

Última revisión da declaración: 27/07​​/2022

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do RD 1112/2018), por exemplo:

●        Informar sobre calquera posible incumprimento deste sitio web.

●        Transmitir outras dificultades para acceder ao contido.

●        Realizar calquera outra consulta ou suxestión de mellora en canto á accesibilidade do sitio web.

Para estas comunicacións, están dispoñibles as seguintes canles de comunicación:

●        Formulario de contacto.

●        Teléfono: 902 007 214/91 837 22 95.

De conformidade co artigo 10.2.b do RD 1112/2018, tamén pode presentar:

●        Unha queixa polo cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018.​

●        Unha solicitude de información accesible sobre:

●        Contidos excluídos do ámbito de aplicación do RD 1112/2018 segundo o establecido no artigo 3, apartado 4.

●        Contidos que están exentos do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por impoñeren unha carga desproporcionada.

Na Solicitude de información accesible deberán especificarse con claridade os feitos, motivos e petición que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.

Poderá facelo a través da Instancia Xenérica da Sede electrónica do Ministerio de Xustiza ou mediante o resto das opcións recollidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As comunicacións, queixas e solicitudes de información accesible serán recibidas e tramitadas pola Subdirección Xeral de Información Administrativa e Inspección Xeral de Servizos.    

Procedemento de reclamación:

Se, unha vez formulada a solicitude de información accesible ou queixa, esta é desestimada, a resolución adoptada non é conforme ou a resposta non reúne os requisitos establecidos no artigo 12.5, a persoa interesada poderá incoar unha reclamación. Así mesmo, poderá incoarse unha reclamación no caso de que transcorrese o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta.

A reclamación pódese presentar a través da Instancia Xenérica da Sede electrónica do Ministerio de Xustiza​​, e tamén no resto das opcións recollidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As reclamacións serán recibidas e tramitadas pola Unidade Responsable de Accesibilidade.

Contido opcional:

Estase a elaborar un plan de mellora para solucionar os problemas de non cumprimento detectados e para manter no futuro o cumprimento total dos criterios de accesibilidade establecidos.

Cambio de cor e o tamaño da fonte:

Este sitio web está deseñado para permitir cambiar o tamaño, a cor do texto e o fondo da páxina, todo a través das opcións de configuración estándar dos navegadores.

Para cambiar o tamaño da fonte do texto nos principais navegadores, use os seguintes menús:

●    Micr​osoft Edge:

●  ​ Seleccione Configuración e máis (representado como tres puntos na esquina superior dereita) > Configuración > Aparencia.

●  ​ En Fontes, escolla un tamaño de letra.

​●  ​ Seleccione Configuración e máis > Zoom.

●    Internet Explorer:

●    ​Menú Ver > Tamaño do texto.

●    ​Menú Ver > Zoom.


​​​●    ​Mozilla e Firefox:

●    ​Menú Ver > Tamaño.

●    Menú da Aplicación (representado como tres liñas horizontais na esquina superior dereita) > Tamaño.

●    Chrome:

●    ​Personaliza e controla Google Chrome (representado como tres puntos na esquina superior dereita) > Zoom.

●    Personaliza e controla Google Chrome > Axustes > Idioma e aparencia.

●    Opera:

​●    Axustes > Zoom.

●    Axustes > Tamaño da fonte.

●    Safari:

●    Axustes > Zoom de páxina.

●    Visualización > Ampliar.

●    Visualización > Aumentar tamaño do texto.

●    ​Sistemas Android:

●    ​Aplicación de axustes (representada coa forma dunha engrenaxe ou chave inglesa). Seleccione a sección da lista de axustes dispoñibles a sección 'accesibilidade' e, a seguir, prema en 'tamaño da fonte'.

●    Sistemas iOS:

●​    Axustes > Accesibilidade. Seleccione Pantalla e tamaño do texto.

​​