Como necesito ter configurada a seguridade Java para asinar a solicitude?
Para poder asinar a súa solicitude necesitará seguir os seguintes pasos:
- Acceder ao panel de control de Java (En Windows, faga clic en Inicio , a continuación en Panel de Control e a continuación seleccione Java)
- Seleccionar a pestana Seguridade e, nesa pestana, pulsar o botón Editar lista de sitios
- Pulsar o botón Agregar e a continuación introducir, como valor de 'Localización' para o novo sitio, o seguinte valor: https://sede.mjusticia.gob.es
- Confirmar a operación pulsando o botón Aceptar
Que bancos ou caixas podo utilizar para pagar a taxa deste trámite?
En primeiro lugar hai que ter en conta que o titular da conta bancaria sobre a que se pretende realizar o cargo da taxa, debe ser o mesmo que o titular do certificado dixital co que se asinarán os datos da solicitude (o solicitante).
Para o pagamento da taxa utilízase a pasarela de pagamentos da Axencia Tributaria e dependendo do tipo de pagamento terá que comprobar que o seu banco ou caixa admite este tipo de cobramentos e o horario no que o fan.
Pagamentos con tarxeta de crédito
Só se pode pagar con tarxetas de crédito adheridas a bancos ou caixas que estean relacionados na lista que proporciona a Axencia Tributaria (Ver lista), cuxo enlace aparece no formulario, ao lado da casa onde se debe poñer o código da entidade, ademais de na páxina de información xeral.
O código da entidade é o que aparece na mesma lista anterior.
Revise o horario de funcionamento da súa entidade bancaria (Ver horario).
Pagamentos con cargo en conta
Só se pode pagar con bancos ou caixas que estean relacionados na lista que proporciona a Axencia Tributaria (Ver lista), cuxo enlace aparece no formulario, ao lado da casa onde se debe poñer o código da entidade, ademais de na páxina de información xeral.
Revise o horario de funcionamento da súa entidade bancaria (Ver horario).
Realicei os primeiros pasos da solicitude, pero á hora de realizar o pagamento, devólvenme un erro, que podo facer?
En primeiro lugar, comprobe que efectivamente pagou a taxa, consultando:
- A súa conta bancaria.
- A áxina web da Axencia Tributaria: https://www2.agenciatributaria.gob.es/es13/h/pago0x7a.html?tip=PRO&con=at&mov=02Esta ligazón ábrese nunha nova pantalla
Se pagou, é posible que acontecese un erro técnico polo que non lle puidemos amosar o Identificador.
Visite a páxina Recuperar Identificador para ver os identificadores das solicitudes que realizase. Necesitará o seu certificado dixital (os datos do devandito certificado deben coincidir cos do solicitante).
Se pagou e non existe o Identificador, terá que optar por reclamar a devolución do diñeiro e volver intentalo telematicamente ou realizar a petición por outra das vías posible de solicitude (por correo ou presencial).
Se non aparece o cargo da Axencia Tributaria, non se realizou a solicitude. As posibles causas son, entre outras:
- Pagamento con tarxeta de crédito adscrita a unha entidade non permitida.
- Pagamento con débito en conta dunha entidade non permitida.
- O solicitante non é titular da conta bancaria sobre a que pretende realizar o cargo.
- O banco non ofrece este servizo no horario no que se fixo a solicitude.
Intento descargar un arquivo, aparece un instante e desaparece. Teño o bloqueo de ventás emerxentes desactivado, que podo facer?
Este é un comportamento que se dá no navegador Internet Explorer (versións 7 e 8), cando se ten desactivada a opción de 'Preguntar automaticamente se debe descargar un arquivo'
Para activar esta opción
- Na barra de menú, premer 'Ferramentas' logo 'Opcións de Internet'
- Seleccionar o separador 'Seguridade'
- Pulsar o botón 'Nivel personalizado... '
- Desprazarse ata as opcións de 'Descargas'
- Activar a casa 'Habilitar' dentro de 'Preguntar automaticamente se debe descargar un arquivo'
- Premer en 'Aceptar'
Información e axuda
- Preguntas Frecuentes: Cl@ve
- Inhabilitación de Registros de la Propiedad, Mercantiles y de Bienes Muebles
- Certificado dixital. Autenticación e firma
- Normativa
- Calendario de días inhábiles
- Rexistro electrónico do Ministerio de Xustiza
- Quejas y sugerencias
- Cartas de servizos
- Protección de datos de carácter persoal
- Datos abertos do Ministerio de Xustiza
- Preguntas frecuentes
- DNI Electrónico
- Verificación de selos electrónicos da sede
- Asesoramento electrónico
- Axuda. Primeiros pasos
- Relación de medios electrónicos que o cidadán pode utilizar para comunicarse na sede electrónica
- Resuelva sus dudas
- Preguntas frecuentes na solicitude de certificados de Rexistro Civil: nacemento, matrimonio e falecemento