• Tramitación telemática completa

O artigo 270 da Lei Hipotecaria dispón que os Rexistradores remitirán o día último de cada semestre ao Presidente da Audiencia do seu territorio, unha certificación duplicada na que farán constar, baixo a súa responsabilidade, o estado do seu Rexistro, cos datos e na forma que determine o Regulamento.

O artigo 472 do Regulamento sinala que da devandita certificación enviarase ao mesmo tempo copia á Dirección Xeral dos Rexistros.​

  • Tramitación telemática completa

O artigo 18 da Lei Hipotecaria dispón que "para os efectos do adecuado cumprimento do prazo de inscrición, os rexistradores deberán remitir á Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado no primeiros vinte días dos meses de abril, xullo, outubro e xaneiro unha estatística en formato electrónico que conteña o número de títulos presentados e data de inscrición dos mesmos, así como a porcentaxe de títulos inscritos fóra do prazo previsto neste artigo".​

  • Tramitación telemática completa

Calquera outras comunicacións que os Rexistradores da Propiedade, Mercantís e de Bens Mobles deban facer á Dirección Xeral dos Rexistros /e do Notariado conforme ás Leis ou Regulamentos, tales como as relativas a recursos contra a cualificación, licenzas, ausencias, actas de cesamento e toma de posesión, ou calquera outras.​

Presentación de todo tipo de escritos, solicitudes ou comunicacións que os Rexistradores da Propiedade, Mercantís e de Bens Mobles deban facer á Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado conforme á lexislación vixente.