Para dar de alta novos usuarios, teño que escribir sempre ao Centro de Atención ao Usuario de ANDES (CAU ANDES)?
Non, só para a alta inicial do hospital, cun tramitador Avanzado, ou no caso de que non haxa tramitadores avanzados no centro sanitario. Noutro caso, os propios tramitadores avanzados poderán rexistrar novos tramitadores, quer simples, quer outros avanzados.
Como solicito a alta de novos tramitadores avanzados para o meu hospital se os anteriores xa non traballan no hospital?
Enviar o anexo I completando e asinando cos novos tramitadores avanzados que se teñen que dar de alta no correo do Centro de Atención ao Usuario (CAU ANDES) que se pode atopar no manual da aplicación.
Cal é a diferenza entre un tramitador avanzado e un simple?
O tramitador avanzado pode dar de alta a outros tramitadores do seu hospital, o simple non.
Se traballo nun hospital que queira comezar a utilizar a aplicación, como se solicita que o meu centro sanitario comece a utilizar a aplicación de comunicación telemática de nacementos ao rexistro civil (ANDES NACEMENTOS)?
Debe poñerse en contacto co Centro de Atención ao Usuario (CAU ANDES) a través do correo que se pode atopar no manual da aplicación. Pode descargalo na páxina do trámite, na parte inferior esquerda.
No correo electrónico deberá achegarse o Anexo I completado e asinado.