O PODERDANTE (responsable de autorizar ou apoderar as persoas que van realizar os trámites) daranos de alta coma APODERADOS na páxina da aplicación APODERA, que é o Rexistro Electrónico de Apoderamentos da Administración Xeral do Estado. 

Ligazón a Apodera:

https://sede.administracion.gob.es/apodera/clave.htm​

 

Para poder acceder a enviar a declaración de defunción de xeito telemático, o representante legal da empresa funeraria deberá posuír o Certificado Dixital de Representante de Persoa Xurídica en representación da empresa. Con este certificado poderá apoderar (coma PODERDANTE) a quen corresponda (coma APODERADO), para poder realizar o trámite. As persoas que vaian ser apoderadas deberán posuír un Certificado Electrónico de Persoa Física. 

​Tamén se pode acceder ao trámite co Certificado Dixital de representante de Persoa Xurídica, caso no que non cómpre ningún apoderamento previo.

Unha vez que o empregado da funeraria estea apoderado polo representante desta, debe acceder a APODERA para autorizar ese apoderamento. 

​Os pasos que se deben seguir son os seguintes:

O empregado da funeraria apoderado debe acceder a Apodera para autorizar o apoderamento e empregará o seu propio certificado electrónico:

https://sede.administracion.gob.es/apodera/

Débese acceder en calidade de apoderado, co certificado electrónico de persoa física do empregado da funeraria.


 

Debe premer na pestana Os meus apoderamentos, na que lle sairá o apoderamento que lle outorgaron coma pendente de autorizar

Seleccionarase o apoderamento premerase en Aceptar.

Lévanos a un formulario en que debemos premer Asinar e Aceptar

Ademais, o apoderamento xa debe aparecer na listaxe d'Os meus apoderamentos coma autorizado. 

Xa poderá acceder ao trámite (aplicación ANDES) coma empregado de funeraria.

Si, para poder asinar a solicitude de apoderamento e logo poder aceptado cómpre ter instalado Autofirma, que se pode descargar na seguinte ligazón:

​https://firmaelectronica.gob.es/Home/Descargas.html​

 

Unha vez abrimos a páxina de Apodera, accederemos entrando coma Poderdantes co Certificado Dixital de Representante de Persoa Xurídica.

En apoderamentos, premer en Outorgar tipo C, para determinados trámites.

Na seguinte páxina, na pestana Apoderamentos, seleccionamos a Opción 1, Administración Xeral do Estado e eliximos o Ministerio de Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes.

 

Baixando na mesma páxina, en Procedementos, escribimos Defunción e prememos en Buscar. Aparecerá INSCRICIÓN DE DEFUNCIÓN e o seu código, e seleccionámolo por medio da caixa de verificación diante do código. Aquí enchemos os datos da empresa.

 

Un pouco máis abaixo, enchemos os datos que nos falten do representante da empresa.

 

Ademais, un pouco máis abaixo, os datos de a quen queremos apoderar e o período de vixencia do devandito apoderamento.

Ao final da páxina, aparece a pestana Asinar e Dar de alta. Para isto pediranos ter instalada a aplicación Autofirma.

Aquí poderemos ver a quen apoderamos e o estado da solicitude: aceptada ou pendente.

Á(s) persoa(s) que apoderamos chegaralle(s) un correo coa URL onde aceptar o apoderamento.