• Tramitación telemática completa

Este servizo está destinado aos centros sanitarios que prestan este servizo aos proxenitores dos bebés acabados de nacer. Poderán enviar a declaración de nacemento ao rexistro civil no prazo das 72 horas seguintes ao nacemento, segundo se especifica na “Lei 20/2011, do 21 de xullo, do Rexistro Civil”.

Os usuarios dos centros sanitarios deben estar autorizados a para poderen empregar este servizo. Deben enviar os datos dos tramitadores que autorizan. Na sección de Preguntas frecuentes explícase como se poden solicitar os devanditos permisos.

Só poderán comunicar nacementos ocorridos en centros hospitalarios e só a rexistros civís nos que estea implantado o novo sistema de información asociado á “Lei 20/2011”. O Rexistro Civil ao que se enviará a solicitude será o do concello en que se atope o centro sanitario. A implantación do novo sistema de información nos rexistros civís en España está a facerse de forma progresiva desde a entrada en vigor, o 30 de abril de 2021, da “Lei 20/2011, do 21 de xullo, do Rexistro Civil”.

Para realizar a comunicación da declaración de nacemento deberase achegar:

  • Parte acreditativo do nacemento (papel amarelo).

  • Documentos de identidade dos proxenitores (para DNI ou NIE só no caso de que os proxenitores se opoñan á consulta ao servizo da Dirección Xeral da Policía de “Consulta de Identidade”)

  • Acreditación do matrimonio no seu caso: mediante o libro de familia ou o certificado de matrimonio.

  • Certificado de nacemento do primoxénito ou páxina deste no libro de familia, de ser o caso. Aínda que isto se tentará obter de forma automática, sempre que sexa posible, desde a propia aplicación consultando os datos que posúa o Rexistro Civil.

  • A declaración de nacemento, que será xerada polo propio sistema, asinada polo declarante ou por ámbolos dous proxenitores, segundo o caso concreto. 

Descargar manual de usuario