O meu Certificado Literal de Nacemento no momento con identificación por CLAVE
- Tramitación telemática completa
Este servizo permitiralle obter o Certificado Literal de Nacemento, no momento, sempre que sexa posible emitilo en liña. Cómpre identificarse mediante un dos métodos previstos en CLAVE.
Para iso, verificaranse os seus datos de identidade utilizando o servizo de “Consulta de datos de identidade” fornecido pola Dirección Xeral da Policía, pódese opor á devandita consulta non utilizando este servizo.
No caso de que vostede:
- Se opoña á comprobación anterior;
- Precise dun certificado especial (plurilingüe, en extracto, multilingüe...);
- O necesite para un fin concreto (por exemplo, obter por primeira vez o DNI ou pasaporte ou por cambios de datos neles);
- Precise solicitalo para un terceiro;
- Ou outros casos específicos.
Debe utilizar un dos trámites xerais de “Solicitude de certificado de Nacemento” que atopará nesta mesma páxina e que requiren cubrir un formulario máis amplo que ofrece todas as opcións posibles de solicitude de certificados de nacemento."
Solicitude de certificado de nacemento con certificado electrónico
- Tramitación telemática completa
Para acceder a este trámite é necesario dispor de certificado dixital ou estar rexistrado en Clave para identificarse de forma única.
A certificación que se solicita pode ser para un mesmo, ou para outra persoa.
A partir dos datos proporcionados na súa solicitude verificarase a dispoñibilidade por medios telemáticos da información. Se está dispoñible, a súa certificación expedirase no momento. De non ser así, o sistema informaralle sobre se recibirá o certificado por correo postal na dirección que indique na solicitude, ou lle proporcionará información de como debe proceder para obtelo.
Non será posible realizar solicitudes do mesmo certificado ata pasados 15 días desde a anterior. Esta limitación non afecta as solicitudes de certificados que poidan emitirse ao momento.
No caso de solicitar o certificado coma terceiro autorizado polo inscrito ou polo seu representante, se a solicitude se dirixe a unha oficina de Rexistro Civil na que xa se implantou o novo modelo de Rexistro Civil, Lei 20/2011, poderá esixirse achegar unha autorización do inscrito, caso no que poderá utilizar o seguinte modelo de autorización (PDF, 60 KB)
Solicitude de certificado de nacemento sin certificado electrónico
- Tramitación telemática completa
A certificación que se solicita pode ser para un mesmo, ou para outra persoa.
O certificado solicitado por esta vía remitirase sempre por correo ordinario ao domicilio indicado na solicitude.
Se dispón dun certificado dixital ou está rexistrado en Clave pode utilizar o servizo que si require identificación electrónica e que atopará nesta mesma páxina e a través do que, se é posible, poderá obter o certificado en liña.
Non será posible realizar solicitudes do mesmo certificado ata pasados 15 días desde a anterior. Esta limitación non afecta as solicitudes de certificados que poidan emitirse ao momento.
No caso de solicitar o certificado coma terceiro autorizado polo inscrito ou polo seu representante, se a solicitude se dirixe a unha oficina de Rexistro Civil na que xa se implantou o novo modelo de Rexistro Civil, Lei 20/2011, poderá esixirse achegar unha autorización do inscrito, caso no que poderá utilizar o seguinte modelo de autorización (PDF, 60 KB)
AVISO:
Dado o volume acumulado de peticións de expedición de certificados de nacemento motivado pola folga de funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza, e malia estaren atendéndose o máis axiña posible, o envío dos mesmos sofre un atraso, polo que lle lembramos que se vostede é a persoa inscrita ou o seu representante legal e a data da inscrición do nacemento é posterior ao ano 1950, poderá utilizar o servizo de solicitude de certificados con identificación electrónica a través de Cl@ve, o que lle permitirá descargalo automaticamente ao realizar a solicitude.
Para se rexistrar en Cl@ve, prema aquí.
Verificación e descarga de documentos electrónicos emitidos polo Rexistro Civil para terceiros
- Tramitación telemática completa
Os organismos, entidades ou terceiros destinatarios dos documentos electrónicos de Rexistro Civil deben comprobar a súa validez desde este apartado consignando o Código Seguro de Verificación que inclúe o documento.
Para acceder a este trámite NON é necesario identificarse mediante Clave. Poderá visualizar e descargar o documento electrónico cuxa validez se desexa comprobar.
Infórmase que o CSV que poden validarse neste servizo son os que comezan por RG, NS ou MS.
Su Registro Civil
- Tramitación telemática parcial
A través deste servizo pódese obter información sobre os datos rexistrais cun valor meramente informativo, non tendo en caso ningún a consideración de certificación das inscricións do Rexistro Civil. Os devanditos datos abranguen os datos máis relevantes recollidos nas inscricións principais de nacemento desde o ano 1996 ata outubro do ano 2021 e de matrimonio desde o ano 1989 ata setembro de 2021.
Non se inclúen aqueles datos nos que a súa inscrición teña que recollerse á marxe da inscrición principal, por exemplo: o cambio de nome e/ou apelidos, divorcio, nacionalidade, etc. a que se refiren os artigos 39, 46, 62, 76 e 77 da Lei do Rexistro Civil. Tampouco os referidos á Sección de Titorías.