Os Institutos de Medicina Legal e Ciencias Forenses (IMLCF) son órganos técnicos que, ademais de auxiliaren á Administración de Xustiza no ámbito da súa disciplina científica e técnica, poden intervir na resolución extraxudicial de conflitos e emitir informes e ditames a solicitude dos particulares polos feitos relativos á circulación de vehículos a motor.

No Real Decreto 1148/2015 do 18 de decembro, que regula a realización deste tipo de pericias, prevé que a solicitude poida presentarse por medios electrónicos. Nos IMLCF do territorio do Ministerio poderá tramitarse a solicitude a través da sede do Ministerio, tendo en conta que será competente para a tramitación da solicitude o IMLCF do lugar do domicilio da vítima lesionada ou do lugar onde ocorreu o accidente e que deberá acompañarse do anexo I do Real Decreto 1148/2015 do 18 de decembro da oferta motivada que a entidade aseguradora emitira, así como toda a documentación médica que sexa de interese para o caso e que se queira facer valer. Unha vez admitida a solicitude, esixirase un prezo público como contraprestación á realización da pericia que variará en función do caso conforme ao recollido na Orde JUS/127/2016 do 8 de febreiro.