• Tramitación telemática completa

A nota informativa pódese solicitar de forma presencial, por correo, ou de forma telemática a través de Internet. A acreditación da identidade para a obtención da nota informativa de maneira telemática realizarase mediante Certificado Dixital.

En base á información que obra en poder do Rexistro, algunhas notas informativas poderán emitirse de xeito automático, malia que para algunhas outras será necesaria unha revisión manual.

Para facilitar a entrega das notas informativas que non se xeren de xeito automático, poderase introducir un enderezo de correo electrónico onde se enviará a nota informativa unha vez xerada. En calquera caso facilitarase un código seguro de validación, para posteriormente poder consultar a nota informativa.

O prazo para recibila será de 7 días a contar dende a recepción da solicitude.

Requisitos:

Dispoñer de certificado dixital, como por exemplo, Certificado Dixital de Clase 2 CA da FNMT, ou DNI electrónico.

  • Tramitación telemática completa
  • Tramitación telemática completa

Os organismos, entidades ou terceiros destinatarios do Certificado electrónico de Antecedentes Penais deben comprobar a súa validez dende o apartado Verificación de documentos mediante o CSV consignando o Código Seguro de Verificación que inclúe o documento.