Avisos
  • Tramitación telemática parcial

Requisitos

Para realizar este trámite es necesario tener instalado en su equipo la aplicación Autofirma. Puede descargar la aplicación en el siguiente enlace: Descarga Autofirma. Este enlace se abre en nueva pantalla. La descarga inluye el manual de instalación de Autofirma.​​

Pode presentar telematicamente solicitude de acceso ao Arquivo no Rexistro Electrónico do Ministerio de Xustiza, completando o formulario ao que se accede dende esta páxina. Recorde que no devandito formulario se deberá relacionar, coa máxima precisión posible, a documentación á que se pretende acceder, e cumprir co resto de requisitos explicados no apartado INFORMACIÓN ADICIONAL DO TRÁMITE que figura na información xeral deste.

Solicitaráselle que se identifique e asine dixitalmente o seu contido de acordo cos requisitos establecidos para o acceso ao Rexistro electrónico.

O proceso é equivalente a entregar fisicamente a instancia correspondente na oficina do Rexistro Xeral do Ministerio. O sistema rexistrará o formulario asinado dixitalmente polo solicitante nun asento do Rexistro electrónico.

As solicitudes presentadas por esta canle seguirán logo o trámite ordinario ata a súa resolución final.​

  • Tramitación telemática parcial

Para consultar o estado dunha solicitude presentada a través do Rexistro Electrónico do Ministerio, cómpre presentar un novo escrito baixo o mesmo asunto e indicando explicitamente que desexa facer un seguimento da súa solicitude. Para poder informalo do estado cumprirá que facilite o número de rexistro que se lle forneceu na presentación do escrito.

Requisitos.

Solicitaráselle que se identifique e asine dixitalmente o seu contido de acordo cos requisitos establecidos para o acceso ao Rexistro Electrónico.

Proceso.

O proceso equivale á entrega física da instancia correspondente na oficina do Rexistro Xeral do Ministerio. O sistema rexistrará o formulario asinado dixitalmente polo solicitante nun asento do Rexistro Electrónico.

Relación e descarga de modelos de solicitude normalizados do Ministerio de Xustiza

Xustificante.

O Rexistro Electrónico emitirá automaticamente un recibo asinado electronicamente que terá o seguinte contido:

  • Copia da solicitude ou escrito presentado.
  • Data e hora de presentación e número de entrada de rexistro.
  • De ser o caso, enumeración dos documentos anexos.
​​​​​Xustificante

Quedará en poder do solicitante unha copia en formato imprimible (PDF) da instancia presentada. Esta copia inclúe un número de solicitude e un número de rexistro (o “rexistro de entrada”), que lle permite identificar o seu escrito ou solicitude ante o Ministerio.