Ir a Contenido

Sede Electrónica do Ministerio de Xustiza

Sede Electrónica do Ministerio de Xustiza Acceso ao portal do Ministerio de Xustiza
Sábado, 19 Outubro 2019 03:47 Actualizar data Hora oficial
Advertencia: pode non corresponder á hora exacta.
Polo tanto, ten carácter simplemente informativo e en ningún caso de certificación horaria

Menú principal

 
Se usa DNIe ou outra tarxeta criptográfica, introdúzaa agora no seu lector de tarxetas Lector de tarjetas
Continuar co meu acceso ao trámite
Redirigiendo a Clave para verificar su identidad
Clave
Cargando

Solicitudes e escritos

Se está a acceder a este trámite con Google Chrome 46 e versións posteriores ou Mozilla Firefox 41.0.1 e versións posteriores, necesita ter instalado no seu equipo a aplicación AutoFirma. Con AutoFirma poderá completar o trámite de forma exitosa.

Pode descargar a aplicación na seguinte ligazón: Descargar AutoFirma. A descarga inclúe o manual de instalación de Autofirma.

Este é o acceso ao Rexistro Electrónico do Ministerio de Xustiza como integrante da Administración Xeral do Estado. Para asuntos relacionados coa Administración de Xustiza (por exemplo, Xulgados, Tribunais, Rexistros Civís) debe dirixirse directamente ao órgano competente da Administración de Xustiza.

Presentación no Rexistro Electrónico do Ministerio de Xustiza
Tramitación telemática parcial

En cada Ministerio hai un Rexistro electrónico cuxas funcións son as seguintes:

  • A recepción e remisión de solicitudes e escritos relativos aos trámites e procedementos que correspondan de acordo coa súa norma de creación, e dos documentos adxuntos, así como a emisión dos recibos necesarios para confirmar a recepción.
  • A remisión electrónica de escritos e solicitudes ás persoas, órganos ou unidades destinatarias.
  • A anotación dos correspondentes asentos de entrada e saída.

A presentación de solicitudes e escritos no Rexistro Electrónico do Ministerio de Xustiza poderá realizarse durante as vinte e catro horas de todos os días do ano.

Requisitos

Solicitaráselle que se identifique e asine dixitalmente o seu contido de acordo cos requisitos establecidos para o acceso ao Rexistro electrónico.

Proceso

O proceso é equivalente a entregar fisicamente a instancia correspondente na oficina do Rexistro Xeral do Ministerio. O sistema rexistrará o formulario asinado dixitalmente polo solicitante nun asento do Rexistro Electrónico.

Xustificante

O Rexistro Electrónico emitirá automaticamente un recibo asinado electronicamente que terá o seguinte contido:

  • Copia da solicitude ou escrito presentado.
  • Data e hora de presentación e número de entrada de rexistro.
  • Se é o caso, enumeración dos documentos adxuntos.

O número de rexistro permítelle identificar o seu escrito ou solicitude ante o Ministerio e realizar o seguimento do estado do seu trámite dende o  enlace Como vai o meu?

O Rexistro Electrónico poderá rexeitar os documentos electrónicos que se lle presenten, nas seguintes circunstancias:

  • Que se trate de documentos dirixidos a órganos ou organismos fóra do ámbito da Administración Xeral do Estado.
  • Que conteñan código malicioso ou dispositivo susceptible de afectar á integridade ou seguridade do sistema.
  • No caso de utilización de documentos normalizados, cando non se cubran os campos requiridos como obrigatorios, ou cando conteña incongruencias ou omisións que impidan o seu tratamento.
  • Que se trate de documentos que deban presentarse en Rexistros Electrónicos específicos.

Nestes casos, informarase o remitente, indicando os motivos do rexeitamento, e, cando fose posible, dos medios de emenda e o enderezo en que poida presentarse.