Ir a Contenido

Sede Electrónica do Ministerio de Xustiza

Sede Electrónica do Ministerio de Xustiza Acceso ao portal do Ministerio de Xustiza
Luns, 21 Outubro 2019 17:27 Actualizar data Hora oficial
Advertencia: pode non corresponder á hora exacta.
Polo tanto, ten carácter simplemente informativo e en ningún caso de certificación horaria

Menú principal

 
Se usa DNIe ou outra tarxeta criptográfica, introdúzaa agora no seu lector de tarxetas Lector de tarjetas
Continuar co meu acceso ao trámite
Redirigiendo a Clave para verificar su identidad
Clave
Cargando

Nacionalidade española por residencia

Pode achegar documentación adicional ao seu expediente de nacionalidade por residencia xa iniciado en Sede Electrónica, a través de Solicitude de nacionalidade por residencia.

Necesita ter instalado no seu equipo a aplicación AutoFirma. Con AutoFirma poderá completar o trámite de forma exitosa.

Pode descargar a aplicación na seguinte ligazón: Descargar AutoFirma. A descarga inclúe o manual de instalación de Autofirma.

Información importante sobre o Regulamento Xeral de Protección de datos

Solicitude de nacionalidade española por residencia
Tramitación telemática completa

Pode solicitar a nacionalidade por residencia de forma electrónica completando o formulario ao que se accede desde esta páxina. Poderá utilizar este modelo tanto se a solicitude é para vostede mesmo coma se actúa en representación dun menor de 14 anos ou persoa coa capacidade modificada xudicialmente do que exerce a patria potestade, tutela ou curatela. Tamén poderá cumprimentar a solicitude desde este formulario se actúa como representante do interesado e está dotado dun mandato ou poder que acredite dita representación.

Durante a solicitude deberá achegar diversa documentación que debe dixitalizar e achegar. Dispón de catro meses desde a data de creación para completar a súa solicitude, se pasado ese prazo non asinou e enviou a solicitude, esta borrarase de maneira automática.

Descarga do formulario 790
Tramitación telemática completa

A presentación do formulario 790 é necesaria para realizar presencialmente o pago da taxa administrativa asociada á súa solicitude de nacionalidade española por residencia.

Desde esta ligazón pode descargar o formulario 790 que deberá cumprimentar para realizar o pago nun banco.

IMPORTANTE: Non debe fotocopiar estes impresos posto que conteñen un código numérico que debe ser único para cada solicitude.

Consulta telemática de expedientes de nacionalidade española por residencia
Verificación de expedientes de nacionalidade española por residencia
Tramitación telemática completa

Información relacionada