Ir a Contenido

Sede Electrónica do Ministerio de Xustiza

Sede Electrónica do Ministerio de Xustiza Acceso ao portal do Ministerio de Xustiza
Venres, 22 Marzo 2019 19:16 Actualizar data Hora oficial
Advertencia: pode non corresponder á hora exacta.
Polo tanto, ten carácter simplemente informativo e en ningún caso de certificación horaria

Menú principal

 
Se usa DNIe ou outra tarxeta criptográfica, introdúzaa agora no seu lector de tarxetas Lector de tarjetas
Continuar co meu acceso ao trámite
Redirigiendo a Clave para verificar su identidad
Clave
Cargando

Contas anuais e plans de actuación

Se está a acceder a este trámite con Google Chrome 46 e versións posteriores ou Mozilla Firefox 41.0.1 e versións posteriores, necesita ter instalado no seu equipo a aplicación AutoFirma. Con AutoFirma poderá completar o trámite de forma exitosa.

Pode descargar a aplicación na seguinte ligazón: Descargar AutoFirma. A descarga inclúe o manual de instalación de Autofirma.

Designación de expertos independentes e auditores de contas
Tramitación telemática parcial

Trátase dunha tramitación parcial, xa que aínda que se comeza o trámite a través da sede electrónica de forma telemática, non se poderá levar a cabo a súa tramitación completa, en tanto non se presenten os orixinais da copia autorizada e copia simple das correspondentes escrituras ou do certificado emitido polo secretario do padroado, co visto e prace do presidente, con firmas lexitimadas ante notario.

Mediante este trámite, excepcionalmente, o encargado do Rexistro de Fundacións de Competencia Estatal poderá, a instancia do protectorado ou de calquera dos membros do padroado, designar un auditor de contas para verificar as contas anuais dun exercicio determinado, nos casos en que o padroado, estando obrigado a nomear auditor, non o realizou antes da finalización do exercicio a auditar con arranxo ao disposto no artigo 31 do Regulamento de fundacións de competencia estatal.

Legalización de Libros
Tramitación telemática completa

Instrucións de presentación telemática.

Conforme á Orde JUS/221/2017, de 9 de marzo, sobre legalización en formato electrónico dos libros de fundacións de competencia estatal (BOE) todos os libros presentaranse en soporte electrónico de forma telemática, por vía electrónica no Rexistro de Fundacións de competencia estatal, a través da sede electrónica do Ministerio de Xustiza.
O solicitante debe ter algún vínculo coa Fundación e debe presentarse cun certificado recoñecido.

Descarga Online de Libro Legalizado
Tramitación telemática completa
Certificado de depósito de contas, plans e outros actos
Tramitación telemática parcial

Certificados que pode expedir o Rexistro de Fundacións de Competencia Estatal:

Ademais da Certificación de Denominación da Fundación, da súa clasificación e da constitución da Fundación tras a inscrición no Rexistro de Fundacións de Competencia Estatal, o Rexistro poderá expedir certificados relativos a outros actos inscribibles como son as modificacións de: estatutos, dotación, padroado, órganos de goberno, nomeamento de auditores, delegacións, e outros actos suxeitos a inscrición e descritos no art. 24.1 do Real Decreto 1611/2007, de 7 de decembro, Regulamento Rexistro Fundacións de competencia estatal.

Información relacionada