Datos abertos do Ministerio de Xustiza
Reutilización da información no sector público
Dende esta sección poderá consultar a información que o Ministerio de Xustiza publica, no marco da Lei 37/2007 sobre reutilización da información do sector público, para o ámbito do sector público estatal.
Para saber máis sobre reutilización da información do sector público, visite o portal datos.gob.es, onde se recollen todas as iniciativas neste ámbito e o catálogo de información pública da Administración Xeral do Estado.
Catálogo de datos abertos do Ministerio de Xustiza
Consulte os conxuntos de datos publicados polo Ministerio de Xustiza dende o catálogo da Administración Xeral do Estado.
Contacte con nós
- Pode solicitar electronicamente a inclusión dalgún tipo de información que sexa do ámbito desta Sede Electrónica (require certificado dixital).
- Tamén pode remitirnos electronicamente as súas suxestións.
- Se desexa enviar ou solicitar algunha información a través de correo ordinario, o noso enderezo é:
Subsecretaría de Xustiza, San Bernardo 45, 28071 Madrid
Normativa asociada
- Directiva 2003/98/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de novembro de 2003, relativa á reutilización da información do sector público
- Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público de transposición da Directiva 2003/98/CE, do 17 de novembro de 2003
- Real decreto 1495/2011, do 24 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2007 do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público, para o ámbito do sector público estatal
Aviso legal
Obrigatoriedade das condicións xerais
As presentes condicións xerais dispoñibles con carácter permanente baixo www.datos.gob.es/avisolegal, vincularán calquera axente reutilizador polo mero feito de facer uso dos documentos sometidos a elas.
Autorización de reutilización e cesión non exclusiva de dereitos de propiedade intelectual
As presentes condicións xerais permiten a reutilización dos documentos sometidos a elas para fins comerciais e non comerciais. Enténdese por reutilización o uso de documentos que obran en poder dos órganos da Administración Xeral do Estado e os demais organismos e entidades do sector público estatal referidos no artigo 1.2 do Real decreto 1495/2011, do 24 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público estatal, por persoas físicas ou xurídicas, con fins comerciais ou non comerciais, sempre que o devandito uso non constitúa unha actividade administrativa pública. A reutilización autorizada inclúe, a modo ilustrativo, actividades como a copia, difusión, modificación, adaptación, extracción, reordenación e combinación da información.
O concepto de documento é o establecido na alínea 2 do artigo 3 da Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público, polo que comprende toda información calquera que sexa o seu soporte material ou electrónico así como a súa forma de expresión gráfica, sonora ou en imaxe utilizada, incluíndo, en consecuencia, tamén os datos nos seus niveis máis desagregados ou "en bruto".
Esta autorización leva consigo, así mesmo, a cesión gratuíta e non exclusiva dos dereitos de propiedade intelectual, no seu caso, correspondentes a tales documentos, autorizándose a realización de actividades de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación, necesarias para desenvolver a actividade de reutilización autorizada en calquera modalidade e baixo calquera formato, para todo o mundo e polo prazo máximo permitido pola lei.
Condicións xerais para a reutilización
Son de aplicación as seguintes condicións xerais para a reutilización dos documentos sometidos a elas:
- Está prohibido desnaturalizar o sentido da información.
- Debe citarse a fonte dos documentos obxecto da reutilización. Esta cita poderá realizarse do seguinte xeito: "Orixe dos datos: Ministerio de Xustiza"
- Debe mencionarse a data da última actualización dos documentos obxecto da reutilización, sempre cando estivese incluída no documento orixinal.
- Non se poderá indicar, insinuar ou suxerir que o Ministerio de Xustiza, titular da información reutilizada, participa, patrocina ou apoia a reutilización que se leve a cabo con ela.
- Deben conservarse, non alterarse nin suprimirse os metadatos sobre a data de actualización e as condicións de reutilización aplicables incluídos, no seu caso, no documento posto a disposición para a súa reutilización.
Exclusión de responsabilidade
A utilización dos conxuntos de datos realizarase por parte dos usuarios ou axentes da reutilización baixo a súa propia conta e risco, correspondéndolles en exclusiva a eles responder fronte a terceiros por danos que puidesen derivarse dela.
O Ministerio de Xustiza non será responsable do uso que da súa información fagan os axentes reutilizadores nin tampouco dos danos sufridos ou perdas económicas que, de forma directa ou indirecta, produzan ou poidan producir prexuízos económicos, materiais ou sobre datos, provocados polo uso da información reutilizada. O Ministerio de Xustiza non garante a continuidade na posta a disposición dos documentos reutilizables, nin en contido nin en forma, nin asume responsabilidades por calquera erro ou omisión contido neles.
Responsabilidade do axente reutilizador
O axente reutilizador áchase sometido á normativa aplicable en materia de reutilización da información do sector público, incluíndo o réxime sancionador previsto no artigo 11 da Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público.
- Inhabilitación de Registros de la Propiedad, Mercantiles y de Bienes Muebles
- Certificado dixital. Autenticación e firma
- Normativa
- Calendario de días inhábiles
- Rexistro electrónico do Ministerio de Xustiza
- Cartas de servizos
- Protección de datos de carácter persoal
- Datos abertos do Ministerio de Xustiza
- Preguntas frecuentes