Ir a Contenido

Sede Electrónica do Ministerio de Xustiza

Sede Electrónica do Ministerio de Xustiza Acceso ao portal do Ministerio de Xustiza
Domingo, 16 Xuño 2019 19:23 Actualizar data Hora oficial
Advertencia: pode non corresponder á hora exacta.
Polo tanto, ten carácter simplemente informativo e en ningún caso de certificación horaria

Menú principal

Relación de medios electrónicos que o cidadán pode utilizar para comunicarse na sede electrónica

A sede conterá información sobre as distintas canles de acceso aos servizos dispoñibles no Departamento:

  • Acceso electrónico, a través de Internet, segundo os principios de accesibilidade e usabilidade, establecidos na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, nos termos indicados pola normativa vixente nesta materia en cada momento.
  • Atención presencial, a través das oficinas do Departamento, tanto de carácter central como territorial, conforme as competencias definidas nas normas reguladoras da organización ministerial, sen prexuízo do acceso a través dos rexistros regulados no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

    A Oficina Central de Atención ao Cidadán do Ministerio e o seu Rexistro Xeral están situados no seguinte enderezo:

    Calle Bolsa, núm 8. 28012 Madrid

    Horario de atención ao público:

    De luns a venres: De 9'00 a 17'30 horas.

    Sábados: De 9'00 a 14'00 horas.

    Do 16 de xuño ao 15 de setembro:

    De luns a venres: De 8'00 a 15'00 horas.

    Sábados: De 9'00 a 14'00 horas

  • Atención telefónica, a través do servizo de información departamental publicado na propia sede e os portais do Ministerio.

    Teléfono de contacto: 902 007 214 - 91 837 22 95

  • Calquera outra canle de acceso que se habilite no futuro.