Ir a Contenido

Sede Electrónica do Ministerio de Xustiza

Sede Electrónica do Ministerio de Xustiza Acceso ao portal do Ministerio de Xustiza
Venres, 22 Marzo 2019 19:25 Actualizar data Hora oficial
Advertencia: pode non corresponder á hora exacta.
Polo tanto, ten carácter simplemente informativo e en ningún caso de certificación horaria

Menú principal

Información xeral

A través da Sede Central do Ministerio de Xustiza non se recollen datos persoais sen consentimento. Os datos achegados polo interesado utilizaranse, con carácter único e exclusivo, para os fins previstos no procedemento ou actuación de que se trate.

En ningún caso os referidos datos serán obxecto de tratamento ou de cesión a terceiros, se non é co consentimento inequívoco do afectado, ou nos supostos previstos nos artigos 6.2 e 11.2 da Lei 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

En cumprimento do disposto na citada Lei orgánica 15/1999, e do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aprobou o regulamento que o desenvolve, o cedente dos datos poderá, en calquera momento, exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición na forma que regulamentariamente se determine.

Esta política de privacidade é de aplicación ás páxinas da sede, non se garante nos accesos a través de ligazóns con este sitio, nin ás ligazóns dende este sitio con outras webs.

Segundo dispón o artigo 6.1 g) do Real decreto 1671/2009, do 6 de novembro, inclúese unha ligazón coa sede electrónica da Axencia Española de Protección de Datos.