Rexistro electrónico do Ministerio de Xustiza
O Rexistro electrónico do Ministerio de Xustiza permite a presentación dende a Sede Electrónica de solicitudes normalizadas e escritos vinculados a determinados procedementos ou trámites.
Nesta páxina atopará a listaxe actualizada dos trámites que se poden realizar a través deste rexistro electrónico.
Procedementos e trámites administrativos admisibles a través do Rexistro Electrónico:
- ¿Como vai o meu?
- Cancelación de antecedentes penais
- Certificado de Actos de Última Vontade
- Certificado de Antecedentes Penais
- Certificado de Contratos de Seguros de cobertura de falecemento
- Certificado de Delitos de Natureza Sexual
- Comprobación de Códigos Seguros de Verificación do Ministerio de Xustiza
- Solicitud de realización de pericias a solicitud de particulares en reclamaciones por hechos relativos a accidentes de circulación
- Solicitudes e escritos
- Queixas e Suxestións
Nas páxinas correspondentes a cada procedemento ou trámite inclúese información adicional orientativa, consistente na descrición do procedemento en si, a normativa que o regula ou as características de administración electrónica propias deste.
Requisitos
Para poder presentar as solicitudes no Rexistro electrónico, deberá acreditar a súa identidade e asinar electronicamente os escritos presentados.
Para iso pode consultar os Sistemas de firma electrónica admitidos.
Validación e seguimento
Dende a páxina -Estado da miña solicitude- os interesados poden comprobar as operacións que realizaron co servizo de Rexistro Electrónico a partir do seu NIF e do número de rexistro ou o número de solicitude que figura no documento xustificante emitido polo Rexistro Electrónico. Se a información subministrada polo interesado coincide cos datos do rexistro, presentarase en pantalla unha copia do documento xustificante indicado anteriormente e a información do estado actual da súa solicitude.
Cómputo de prazos
Pódese acceder ao Rexistro telemático durante as 24 horas do día, todos os días do ano. Con todo, hai que ter en conta que, para os efectos de cómputo de prazo, serán considerados días inhábiles aqueles declarados como tal no calendario anual de días inhábiles. A recepción nun día inhábil entenderase efectuada o primeiro día hábil seguinte, e consideraranse como data e hora de entrada as cero horas e un segundo deste día.
Normativa
Información relacionada
- Inhabilitación de Registros de la Propiedad, Mercantiles y de Bienes Muebles
- Certificado dixital. Autenticación e firma
- Normativa
- Calendario de días inhábiles
- Rexistro electrónico do Ministerio de Xustiza
- Cartas de servizos
- Protección de datos de carácter persoal
- Datos abertos do Ministerio de Xustiza
- Preguntas frecuentes